A nosa filosofía de ensino baséase en que a mellor maneira de aprender un idioma para un neno é de forma lúdica. Por esta razón temos un amplo repertorio de xogos, organizados por temas de vocabulario, gramática e niveis.

Cada profesor recibe un manual, elaborado en “A Casa das Linguas”, con todos os temas, o seu vocabulario, as cancións, as actividades, os DVDs, os xogos etc. para o curso. Con cada tema quedamos entre dous e tres semanas. Nestes manuais describímoslles minuciosamente o que deben de facer en cada clase mesmo con instrucións de como repartir os 55 minutos que dura a clase. Desta maneira evitamos que os profesores fagan as clases cada un á súa maneira. Independente do profesor serán sempre as clases típicas de “A Casa dás Linguas”.

Traballamos moito con figuras de feltro que as preparamos tamén en “A Casa das Linguas” e que serven para aprender o vocabulario. Son un elemento moi importante das clases, xunto con os cartóns e os demais materiais.

Para os temas específicos de gramática, a partir dos 10 anos, temos unha gran variedade de xogos de mesa e outras actividades lúdicas. Desta maneira calquera tema gramatical convértese nun xogo durante o cal aprendes e repites estruturas sen notar que estás a facer en realidade un exercicio de gramática. A vantaxe é obvia. Se tes a impresión que estás a xogar participas doutra maneira. Pensas no xogo, queres gañar e por iso vas tratar de non equivocarche e ademais te vas a fixar exactamente no que di o teu compañeiro para notar cando cometa un fallo e así conseguir puntos. Así que o xogo axudará mesmo en que os alumnos estean máis concentrados en todo o que pasa en clase.

Outra ferramenta importante para a aprendizaxe cos nenos de 3 a 8 anos son as manualidades. Temos moitísimo material para facer actividades moi especiais. Pero non facemos isto simplemente para entreterche en clase. Calquera actividade que facemos está escollida para que aprendas o novo idioma. Acompañarás calquera paso dicindo frases e aprendendo sen darche conta.

En Nadal, Semana Santa ou outras datas especiais tamén utilizamos a cociña para facer por exemplo galletas e desta maneira aprender a entender receitas, ingredientes etc. Poñemoste en contacto co mundo dos alimentos para que aprendas unha gran variedade de vocabulario mentres cociñas.

Por suposto temos ordenadores en todalas aulas para ver un anaco de vídeo didáctico ou unha canción en youtube, que a empregamos, por exemplo, para cantar karaoke e traballar desta maneira o texto.

Contáctanos






Envíanos, xunto cos teus datos, calquera dúbida que teñas e poñerémonos en contacto contigo o máis axiña posible.

Nome e apelido*

E-mail de contacto*

Teléfono de contacto

Data de nacemento do alumno/a*

Qué idoma che interesa?
InglésFrancésAlemánChinésGriegoOutro

¿Qué academia che queda mellor?
Área CentralCasas NovasConxoBertamiráns

Outra cousa que che interese contarnos ou saber

Tódolos campos con * son obrigatorios