CLASES DE BEBÉS

1. Experiencias sensoriales que estimulan inmensamente todos os sentidos e fan da aprendizaxe unha experiencia perdurable e significativa tendo ao inglés como protagonista con actividades adaptadas á necesidade lingüísticas de pais/nais e bebés non nativos do inglés:

  • Estimulación Auditiva: Utilizamos divertidas cancións con mímicas e xestos, rimas pegadizas con masaxes e caricias, diferentes melodías e sons da natureza, facemos curiosos contacontos e teatros entretidos apoiados por monicreques e contos coloridos, traballamos con cascabeis, maracas e a guitarra. Desta maneira os bebés vanse afacendo ao son do inglés, o seu ritmo e as bases da pronuncia. Tamén se afán ás palabras e as estruturas das frases que as van a escoitar en forma continua.
  • Estimulación visual: Todos os nosos recursos son de cores vivas e rechamantes, de diferentes tamaños e formas. Traballamos con libros, posters, cartóns, pelotas de diversas texturas e tamaños, facemos xogos de luces, cantamos con figuras de feltro, bonecos, xoguetes, monicreques, marionetas, globos de características peculiares e utilizamos realia (material auténtico como froitas verdadeiras).
  • Estimulación tacto-sensorial: Quitamos beneficio pedagóxico de diferentes recursos como plumas, panos de diferentes tamaños e tecidos como gaza, utilizamos o feltro ademais do foam ( eva goma), a madeira, o plástico e a goma, temos peluches de variadas texturas, teas xigantes, cintas de cores, botellitas de pompas, esponxas e moitísimo máis.

2. Xogos e actividades cinéticas que crean un vinculo forte entre pais e bebés ao mesmo tempo que asiste ao desenvolvemento do cerebro do bebé o que á súa vez serve de fundamento para a posterior aprendizaxe. Cada xogo é pensado e adaptado de modo a alcanzar un obxectivo lingüístico promocionando ao mesmo tempo un desenvolvemento socio-afectivo, físico e cognitivo integral do bebé ou neno xa que aprenden a socializar con outros escoitando e seguindo as instrucións do profesor, esperando a súa quenda con paciencia, compartindo e gozando do ser un compañeiro amigable. A mellor maneira para un neno que aprenda inglés é xogando e movéndose.

  • Xogos de esparcimento: Propoñemos novas experiencias de xogos en inglés que involucran gatear, correr, saltar, buscar e agrupar, esconder, facer unha acción ou comando, rodar obxectos, cambiar cousas de sitios, perseguir un obxectivo. Cada mamá/papá co seu bebé traballa en equipo mentres o bebé gaña autonomía

3. Manualidades que promoven o traballo cooperativo entre mamá/papá e bebé estimulando á imaxinación e a creatividade. Este tipo de actividade reforza o desexo natural do neno para explorar e aprender cousas novas a través das súas manitos o que se traduce nunha aprendizaxe constante e perdurable.

Contáctanos






Envíanos, xunto cos teus datos, calquera dúbida que teñas e poñerémonos en contacto contigo o máis axiña posible.

Nome e apelido*

E-mail de contacto*

Teléfono de contacto

Data de nacemento do alumno/a*

Qué idoma che interesa?
InglésFrancésAlemánChinésGriegoOutro

¿Qué academia che queda mellor?
Área CentralCasas NovasConxoBertamiráns

Outra cousa que che interese contarnos ou saber

Tódolos campos con * son obrigatorios