O bilingüismo pode cambiar o teu cerebro

Imagen de un cerebro pintado

É unha debate que se prolonga no tempo e do que non sacaron conclusións contundentes pero tamén foi un tema moi estudado; a forma na que o noso cerebro adquire unha nova linguaxe.

Se algo parece que está claro e consensuado é que os primeiros 5 anos de vida dun neno son fundamentais para adquirir as capacidades lingüísticas e aprender un novo idioma. A proba máis evidente disto é “Genie”, unha nena de 13 anos que pasara gran parte da súa vida encerrada na súa casa, sen contacto co mundo exterior e cun vocabulario consistente en apenas cinco palabras.

Científicos estadounidenses estudaron o seu caso nos anos 70 e de aí xurdiu o documental “A nena salvaxe”, que documentaba os seus esforzos para aprender un novo idioma.

O mesmo que ocorre coa aprendizaxe dun só idioma, é aplicable á hora de aprender dúas linguas ao mesmo tempo. Os primeiros anos son vitais para fixar as palabras do idioma materno e de calquera outro novo que queiramos aprender. Ademais este proceso é máis rápido antes dos 8 anos.

A idade de adquisición da linguaxe, o ben que se fala ese idioma e o control cognitivo da linguaxe, é dicir, o proceso de selección dun idioma sobre outro no caso dos bilingües. Estes son os tres factores fundamentais que interveñen cando alguén aprende un idioma.

En canto ao funcionamento do cerebro bilingüe, algúns estudos sosteñen que posúe maior capacidade para concentrarse nunha tarefa e illarse do ruído ou as interferencias á súa ao redor. Os bilingües desenvolven capacidades cognitivas que lles permiten adaptarse aos cambios nas tarefas que están a desenvolver. Isto débese a que o seu cerebro está constantemente elixindo a lingua na que se expresa, o que lle dá moita máis flexibilidade. Tamén lles permite concentrarse e memorizar mellor.

Algunhas investigacións destacan outra peculiaridade; que os falantes dun só idioma utilizan máis as rexións do cerebro que se dedican ao idioma, mentres que as bilingües empregan máis as centradas no control da linguaxe e na toma de decisións referidas a el.