O ano do Galo chega a A Casa das Linguas

Grupo de gente celebrando el año del gallo

O pasado venres 27 celebramos a chegada do ano novo chinés na Casa dás Linguas nunha xornada onde alumnos, pais e profesores gozaron de con xogos, aprenderon a escribir con caligrafía chinesa e deleitáronnos cunha demostración de kung fu…

Este ano novo chinés que comeza o 28 de xaneiro será, segundo o calendario chinés, o ano do Galo. A celebración, tamén coñecida como “Festa da Primavera” é a festividade tradicional máis importante do ano en China.  Nestas datas prodúcese a maior migración humana do planeta, o “movemento de primavera” con millóns de persoas que viaxan aos seus lugares de orixe para celebrar as festas coas súas familias.

O chinés é hoxe o idioma máis falado do mundo, con máis de 1.000 millóns de persoas que o falan como lingua materna, moi por encima do inglés e do español.

A Casa dás Linguas ofrece en Santiago de Compostela a posibilidade de aprendelo desde idades temperás cun método práctico, eficaz e divertido.

Grazas a todos e todas os que vos pasastes por Área Central e Feliz ano do galo!