CURIOSIDADES SOBRE CHINA

Saler el 2017 dibujado con ornamentación china

O 28 de xaneiro de 2017 celébrase o Aninovo chinés: o Ano do Galo de Lume. En A Casa das Linguas queremos aproveitar para celebralo contigo, e qué mellor xeito que comezar descobrendo estas divertidas curiosidades sobre China e a súa cultura:
1. ¿Sabías que as celebracións do Aninovo chinés duran 15 días?

2. En China, cada ano está representado por 12 animais típicos da cultura popular chinesa.

3. Na antiga China, os soldados adoitaban empregar armaduras de papel para se defender dos inimigos.

4. A Cidade Prohibida, o Palacio Imperial que se atopa no centro de Pekín… ¡ten máis de 9000 habitacións!

5. Dispostas en fila india, tódalas liñas férreas da China darían dúas voltas completas á Terra.

6. ¡O cemento empregado para a Gran Muralla está feito de arroz pegañento!

7. O Emperador Tang, da dinastía Shang, tiña á súa disposición 94 xeadeiros que lle preparaban exquisitos xeados tódolos días.

8. Inventados hai 5000 anos, os palillos chineses empregábanse nas súas orixes para cociñar, non para comer.

9. Hong Kong ten máis rañaceus do que ningunha cidade do mundo.

10. Os golfiños brancos chineses son en realidade de cor rosa.

EXTRA: ¡O mandarín, un dialecto de chinés, é a lingua mais falada do mundo, por diante do inglés e do español!

Para mais información sobre os nosos cursos de chinés para nenos chama aos teléfonos 981 557 383 e 662 099 735 ou escrébenos a areacentral@acasadaslinguas.com

Fonte: www.ngkids.co.uk/places/30-cool-facts-about-china