A casa das linguas é agora centro examinador oficial de Oxford Test of English (OTE). Xa era tempo de que unha das máis prestixiosas universidades do mundo se ocupase tamén da labor de examinar aos estudantes de inglés como lingua estranxeira para certificar o seu nivel. A universidade de Oxford entra por fin neste campo e elixíunos para ser o seu centro examinador autorizado en Santiago de Compostela.

Este exame consta de catro partes:

  • Fala (speaking)
  • Escoita (listening)
  • Lectura (reading)
  • Escritura (writing)

Que son o catro destrezas lingüísticas básicas. Pero o innovador desta proba é que non se pode suspender, senón que sempre se certifica o nivel de cada participante – polo momento os niveis A2, B1 e B2.

  • O exame de “Oxford Test of English” é 100% on line e faise en só dúas horas.
  • Grazas a un sofisticado algoritmo o programa adapta o nivel das preguntas da comprensión lectora e auditiva ao alumno co cal cada proba é diferente. As partes da produción escrita e oral corríxenas especialistas na Universidade de Oxford.
  • Como se trata dunha única proba para avaliar o A2, B1 ou B2, o prezo é de 99€ independentemente do nivel que se acredite.
  • Estes novos exames só se poden realizar en centros examinadores certificados.
  • Haberá convocatorias de exames como mínimo unha vez ao mes.
  • Os exames Oxford prográmanse para o último sábado de cada mes no noso centro de Santiago Centro en Conxo. Podes visitar a sección de EVENTOS para saber as próximas datas. Pódeste inscribir en calquera dos nosos centros ou no formulario de contacto.
  • O exame avalía a capacidade dos candidatos para utilizar o idioma en situacións reais da vida cotiá, tanto en ámbitos privados como laborais ou académicos. Non hai preguntas teóricas ou exercicios de gramática.

Pódese repetir unha soa parte do test para mellorar o resultado global. Neste caso hai un desconto do 50%. Si se repite a proba enteira manterase o mellor resultado obtido en cada destreza dos dous exames. Pódese repetir unha destreza durante os seguintes dous anos.

Aínda que é un exame novo o “Oxford Test of English” está xa recoñecido por moitas institucións entre as que figura ACLES a “Asociación de centros de lenguas en la enseñanza superior” http://www.acles.es/es/centros-asociados. Este recoñecemento medra día a día, posto que se trata dunha proba da Universidade de Oxford, unha das mellores e máis recoñecidas universidades do mundo. Ademáis, a súa editorial, a Oxford University Press, é líder no mercado de libros de inglés en España.

Contáctanos






Envíanos, xunto cos teus datos, calquera dúbida que teñas e poñerémonos en contacto contigo o máis axiña posible.

Nome e apelido*

E-mail de contacto*

Teléfono de contacto

Data de nacemento do alumno/a*

Qué idoma che interesa?
InglésFrancésAlemánChinésGriegoOutro

¿Qué academia che queda mellor?
Área CentralCasas NovasConxoBertamiráns

Outra cousa que che interese contarnos ou saber

Tódolos campos con * son obrigatorios