O ano novo chinés será un ano moi mono

Mono sentado y mirando de frente

É a festa máis popular do calendario chinés e a máis familiar. Tamén coñecida como Festa da Primavera ou Ano Novo Lunar, o Ano Novo Chinés é unha ocasión na que millóns de persoas viaxan aos seus lugares de orixe para celebrar a festa coas súas familias. Este ano, o 4714, segundo o calendario chinés deu comezo o 8 de febreiro e terminará o día 27 de xaneiro co Festival dos Farois.

O ano chinés, a diferenza do noso que é solar, ten tamén en conta as fases lunares. Cada ano corresponde a un animal do signo zodiacal chinés que suman doce en total. Este 2016 tocoulle ao mono ser o gran protagonista e non se repetirá ata o 2028. Ademais é o mono de lume porque cada ano combina co animal correspondente 5 elementos que van rotando (ouro, auga, madeira, lume e terra)

Pero ¿que significa que este 2016 sexa o ano do mono? Pois que será un período de cambios convulsos, radicais e inesperados e que beneficiará só a aquelas persoas que saiban adaptarse a eses cambios. Os nados baixo o signo do mono caracterízanse por ser sociables, curiosos e innovadores, intelixentes e hábiles aínda que tamén poden ser desconfiados, astutos e arrogantes.
Así era Sun Wukong, ou o Rey Mono, un dos personaxes máis famosos da súa civilización e literatura e que inspirou a creación do coñecido Son Goku. O Rey Mono, protagonista da novela do século XVI Viaxe ao Oeste, era un heroe pouco ao uso.

Julio César, Charles Dickens, Dá Vinci, Lord Byron,Tom Hanks, Will Smith, Mick Jagger, Miley Cyrus, Nick Jonas ou Selena Gomez son algúns famosos nados baixo o signo chinés do mono.

people-lights-firework-new-year-s-eve

Por último e como curiosidade, entre as supersticiones do ano novo chinés están algunhas tan curiosas como vestirse de cor vermella, regalar laranxas ou piñas, símbolos de prosperidade, usar fogos artificiais, ou non lavarse o pelo, a roupa nin varrer a casa os primeiros días do ano para deixar entrar a sorte.

O pasado 8 de febreiro na Casa dás Linguas quixemos celebrar cos nosos alumnos e coa comunidade chinesa esta chegada do ano novo. A acollida foi estupenda e todos aprendemos moito sobre a cultura do xigante asiático.

IMG_6806 (1)b